Encontrei un traballo

Con carácter xeral, o traballo, sexa por conta allea ou por conta propia, é incompatible co cobramento da prestación ou o subsidio por desemprego.

Considérase infracción grave a non comunicación da baixa nas prestacións no momento en que se produza unha situación de suspensión ou extinción do dereito, sempre que a falta de comunicación implique a percepción indebida da prestación. A obriga de comunicalo é do beneficiario ou do solicitante das prestacións e a infracción sanciónase coa extinción da prestación ou do subsidio.

Existen distintas opcións ou programas de compatibilidade da prestación co traballo, tal como se indica a continuación.

En liña Dende a sede electrónica

Presencial Pide a túa cita na túa oficina máis próxima

FAQ Accede ás preguntas máis solicitadas

Documentación