Vinme afectado por un ERE ou un ERTE

A prestación por desemprego percíbese tras a perda involuntaria, definitiva ou temporal dun emprego, ou tras a redución da xornada diaria de traballo, acordadas no correspondente procedemento.

Inclúe a cotización á Seguridade Social que nos supostos de despedimento colectivo se fará por xubilación, incapacidade temporal, incapacidade permanente, morte e supervivencia, asistencia sanitaria, maternidade, paternidade e coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave, e nos casos de suspensión ou redución de xornada, a cotización á Seguridade Social farase por todas as continxencias.

En liña Dende a sede electrónica

Presencial Pide a túa cita na túa oficina máis próxima

FAQ Accede ás preguntas máis solicitadas

Requisitos

Para solicitar a protección por desemprego no caso de que te vexas afectado por un ERE ou un ERTE, deberás cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar en situación legal de desemprego.
  • Inscribirte como demandante de emprego, manter a devandita inscrición durante todo o período de percepción e subscribir o compromiso de actividade.
  • Para percibir prestación contributiva, ter traballado e cotizado ao desemprego polo menos 360 días, dentro dos seis anos anteriores á situación de desemprego, e non ter utilizado o devandito período para un recoñecemento anterior. Se cotizaches un período inferior, poderás percibir o subsidio por desemprego se, ademais de cumprir o resto de requisitos esixidos, careces de rendas superiores ao 75 % do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias (contías para este ano).
  • Non ter feito a idade ordinaria para xubilarte, agás que o teu contrato se suspendese ou se reducise a túa xornada diaria de traballo.
  • Non realizar unha actividade por conta propia ou traballo por conta allea a tempo completo, agás compatibilidade establecida por un programa de fomento de emprego.
  • Non cobrar unha pensión da Seguridade Social incompatible co traballo.
  • En caso de suspensión do contrato, esta debe estar acordada no correspondente procedemento, ser temporal e estar motivada por causas económicas, técnicas, organizativas, de produción, ou de forza maior.

En caso de redución de xornada de traballo, esta debe supoñer a diminución temporal de entre un 10 e un 70 por cento da xornada de traballo, con análoga redución do salario, ser acordada no correspondente procedemento e estar motivada por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción.

Obrigas, infraccións e sancións

 

Duración e contía

A duración da prestación contributiva por despido colectivo está en función do tempo que cotizases antes da situación legal de desemprego. Se é por suspensión do contrato ou por redución da xornada, a duración da prestación, ademais, virá determinada pola vixencia temporal da medida de que se trate.

O importe diario da prestación contributiva por desemprego total, agás que fose superior ou inferior que as contías máximas ou mínimas establecidas para cada caso será, durante os seis primeiros meses de percepción, o 70 % da base reguladora, calculada segundo as bases de continxencias profesionais dos 180 últimos días cotizados, exceptuando as horas extraordinarias, e o 50 % a partir do devandito período. Se o desemprego fose parcial percibirás a parte proporcional ás horas en que te encontras desempregado e o consumo do dereito producirase por horas, e non por días.

Nos supostos de suspensión ou redución de xornada, a empresa continúa obrigada a ingresar o 100 % da achega empresarial de cotización á Seguridade Social, ingresando o Servizo Público de Emprego Estatal, logo de dedución ao traballador, a súa achega con respecto aos días de suspensión máis os que corresponden a descansos, ou con respecto ás horas reducidas de traballo.

Para temas relacionados coa cotización á Seguridade Social podes informarte a través do teléfono 901 502 050 ou na páxina www.seg-social.es.

Pódese aplicar, se é o caso, a retención do IRPF, permitíndose durante a percepción da prestación contributiva, a petición do traballador, a elevación da porcentaxe de retención polo devandito concepto

No suposto de que teñas dereito ao subsidio por cotizar menos de 360 días, a contía mensual será igual ao 80 % do indicador público de rendas de efectos múltiples vixente en cada momento (contías para este ano), sempre que tiveses traballado a xornada completa durante toda a vixencia do último contrato de traballo por conta allea.

O pagamento da prestación realizarase por mensualidades de 30 días ou polo período inferior que, se é o caso, corresponda, entre os días 10 e 15 do mes inmediato seguinte ao da devindicación. Efectuarase, agás excepcións, mediante o aboamento na conta da entidade financeira que indiques, sempre que sexas titular desta. 

Documentación necesaria

  • Modelo oficial de solicitude de prestación contributiva ou de subsidio por desemprego.
  • Identificación do solicitante e dos fillos ou fillas que conviven ou están ao seu cargo e que figuren na solicitude (bastará coa exhibición dos documentos):
    • Españois: Documento nacional de identidade (DNI) ou pasaporte.
    • Estranxeiros residentes en España:
      • Comunitarios: Certificado de rexistro de cidadán da Unión Europea no que consta o NIE, xunto co pasaporte ou documento identificativo no seu país de orixe.
      • Non comunitarios: Tarxeta de identidade de estranxeiros (TIE) na que consta o NIE, e o pasaporte.
  • Calquera documento bancario no que figure o número de conta da que sexas TITULAR e onde desexes percibir a prestación.
  • Libro de Familia, ou documento equivalente no caso de estranxeiros.
  • Certificado de empresa dos últimos 6 meses traballados (se non foi enviado polas empresas ao SEPE).

 

Cando, onde e como o tramito

Se presentas a solicitude da protección por desemprego dentro do prazo legalmente establecido, o dereito a esta nacerá ao día seguinte a aquel en que teña lugar a extinción ou suspensión do teu contrato, ou a redución da túa xornada de traballo, agás que se dispoña outra data posterior ou se deba a causa de forza maior, e sempre que con anterioridade a esa data, a medida correspondente fose comunicada pola empresa á autoridade laboral. 

Se as medidas de suspensión temporal ou extinción da relación laboral ou de redución da xornada diaria, se adoptan nun procedemento concursal, o dereito á prestación por desemprego sempre nacerá a partir da data en que dite o xuíz o auto que as acorde, aínda que neste se establezan efectos retroactivos. 

Poderás presentar a solicitude a través de:

 

Documentación