Traballei máis dun ano

A prestación por desemprego de nivel contributivo está xestionada e aboada polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e percíbese tras a perda involuntaria dun emprego. A contía calcúlase en función das cotizacións realizadas durante os períodos traballados.

Inclúe a cotización á Seguridade Social por xubilación, incapacidade temporal, invalidez, morte e supervivencia, asistencia sanitaria, maternidade, paternidade e coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.

En liña Dende a sede electrónica

Presencial Pide a túa cita na túa oficina máis próxima

FAQ Accede ás preguntas máis solicitadas

Requisitos

  • Estar afiliado e en situación de alta ou asimilada á alta na Seguridade Social nun réxime que considere a continxencia por desemprego.
  • Encontrarse en situación legal de desemprego, acreditar dispoñibilidade para buscar activamente emprego e para aceptar unha colocación adecuada mediante a subscrición do compromiso de actividade.
  • Estar inscrito e manter a inscrición como demandante de emprego durante todo o período de percepción.
  • Ter traballado e cotizado a desemprego polo menos 360 días dentro dos 6 anos anteriores á situación legal de desemprego. Se é traballador eventual agrario que de forma inmediatamente anterior figurou de alta en Seguridade Social como traballador autónomo ou por conta propia, o período mínimo de cotización necesario para o acceso á prestación por desemprego será de setecentos vinte días.
  • Non ter feito a idade ordinaria para xubilarse.
  • Non realizar unha actividade por conta propia ou traballo por conta allea a tempo completo, agás compatibilidade establecida por un programa de fomento de emprego.
  • Non cobrar unha pensión da Seguridade Social incompatible co traballo. 

Hai que ter en conta as seguintes situacións:

Se interrompeu o cobramento dunha prestación contributiva para traballar ese último período dun ano ou máis, poderá elixir entre continuar a prestación que suspendeu ou cobrar a nova que xerou. Isto é o dereito de opción.

Se para traballar o último período dun ano ou máis, interrompeu o cobramento dun subsidio por desemprego, deberá solicitar a nova prestación por desemprego xerada.

Obrigas, infraccións e sancións

Duración e contía

Duración

A duración calcúlase en función das cotizacións realizadas por desemprego nos últimos 6 anos, sempre que non se tivesen en conta para unha prestación anterior, tanto de nivel contributivo como asistencial.

No caso de que o período que corresponde ás vacacións anuais retribuídas non fose gozado con anterioridade á finalización da relación laboral, computarase como de cotización e o traballador considerarase en situación asimilada á de alta mentres o goza.

A situación legal de desemprego e o nacemento do dereito ás prestacións producirase cando transcorra o devandito período de vacacións, sempre que se solicite dentro do prazo dos quince días seguintes á súa finalización.

En caso de ter traballado a tempo parcial cada día traballado considérase como un día cotizado, con independencia da xornada. Se a xornada se distribúe en 5 ou máis días de traballo á semana, o período de cotización será equivalente ao período de duración do contrato ou de vixencia da relación laboral. Se se distribúe en menos de 5 días de traballo á semana, multiplicarase o total de días de prestación de servizo polo coeficiente 1,4.

Se se esgota unha prestación contributiva para eventuais agrarios non se ten dereito a percibir ningún tipo de subsidio.

Contía

A contía da prestación contributiva depende das bases de cotización á Seguridade Social por continxencias profesionais, durante os 180 últimos días cotizados, excluídas as horas extraordinarias.

A base reguladora da prestación é a media da base de cotización do indicado período. O importe diario é o 70 % da base reguladora durante os primeiros 180 días de prestación, e o 50 % a partir do 181.

A base reguladora diaria da prestación por desemprego de nivel contributivo dos traballadores que nos últimos 180 días precedentes ao día en que se produciu a situación legal de desemprego ou ao do que cesou a obriga de cotizar, só teñan cotizacións por xornadas reais traballadas no Sistema Especial Agrario da Seguridade Social, será a base de cotización da última xornada real realizada polo traballador.

Os importes así calculados non poden ser superiores ao tope máximo, nin inferiores ao tope mínimo, legalmente establecido. (Contías para este ano). Estes topes determínanse en función de se se teñen ou non fillos a cargo.

Considéranse fillos a cargo, os menores de 26 anos ou maiores con discapacidade ou menores acollidos cos que se conviva e non teñan rendas mensuais superiores ao salario mínimo interprofesional. 

Ao importe bruto da prestación aplicaránselle dous tipos de deducións:

  • A cotización á Seguridade Social (o 4,7 % da base reguladora).
  • A retención á conta do IRPF, cando proceda.

En www.sepe.es está dispoñible un programa de autocálculo da prestación que facilita información non vinculante sobre a duración e contía do dereito que podería corresponder. 

A data de inicio da prestación será a do día seguinte a aquela na que se produza a situación legal de desemprego, sempre e cando a solicitude se presente dentro de prazo. Pode obter información sobre a súa prestación no servizo de Consulta da prestación en www.sepe.es.

O pagamento da prestación realizarase por mensualidades de 30 días, entre os días 10 e 15 do mes inmediato seguinte ao que corresponda a devindicación. Efectuarase, agás excepcións, mediante o aboamento na conta da entidade financeira que se indique, sempre que se sexa titular desta. 

Documentación necesaria

Para poder acceder a unha prestación contributiva por desemprego por traballar un ano ou máis, deberás estar inscrito como demandante de emprego e presentar a seguinte documentación:

  • Modelo oficial de solicitude.
  • Identificación do solicitante e dos fillos ou fillas que conviven ou están ao seu cargo e que figuren na solicitude (bastará coa exhibición dos documentos):
    • Españois: Documento nacional de identidade (DNI) ou pasaporte.
    • Estranxeiros residentes en España:
      • Comunitarios: Certificado de rexistro de cidadán da Unión Europea no que consta o NIE, xunto co pasaporte ou documento identificativo no seu país de orixe.
      • Non comunitarios: Tarxeta de identidade de estranxeiros (TIE) e o pasaporte.
  • Calquera documento bancario no que figure o número de conta da que sexas TITULAR e onde desexes percibir a prestación.
  • Libro de Familia, ou documento equivalente no caso de estranxeiros.
  • Certificado ou certificados de empresa nas que tiveses traballado nos últimos 6 meses (se as empresas non os enviaron ao SEPE). Só naquelas situacións nas que o certificado de empresa non fose suficiente para acreditar a situación legal de desemprego, é necesario achegar outro documento acreditativo.
  • Máis información sobre a documentación que hai que achegar

 

Cando, onde e como o tramito

A solicitude deberá presentala no prazo dos quince días hábiles seguintes ao último día traballado, ao retorno do estranxeiro ou á excarceración. No suposto de que a empresa lle aboase vacacións por non telas gozado con anterioridade ao cesamento, debe presentala nos 15 días hábiles seguintes á finalización do período equivalente ás vacacións, a través de:

Se presenta a solicitude de prestación contributiva fóra de prazo, terá dereito a que se aprobe a partir da data da solicitude, coa perda de tantos días de prestación como medien entre a data na que tivese lugar o nacemento do dereito, de terse solicitado en tempo e forma, e aquela en que efectivamente se presentase.

Pode obter máis información no teléfono de atención ao cidadán 901 119 999.

Documentación