Son unha persoa traballadora do campo

O sistema de protección por desemprego previsto para o colectivo do Sistema Especial para Traballadores por Conta Allea Agrarios, presenta algunhas características propias segundo vaian dirixidas ás persoas traballadoras fixas, fixas descontinuas ou eventuais.

Aínda que as persoas traballadoras fixas e fixas descontinuas poderán acceder ás prestacións e subsidios por desemprego, nas mesmas condicións que calquera persoa traballadora por conta allea non agraria do Réxime Xeral da Seguridade Social, o colectivo de traballadores eventuais non poderán acceder ao subsidio por desemprego.

As persoas traballadoras eventuais que residan nas Comunidades Autónomas de Estremadura e Andalucía poderán ter dereito ao subsidio para eventuais agrícolas (se percibiron o mesmo nalgún dos tres anos naturais inmediatamente anteriores á data de solicitude e cumpren o resto de requisitos), ou en caso de non ter dereito a este subsidio, poderán acceder á renda agraria.

Así mesmo, as persoas traballadoras fixas descontinuas que residan e realicen a súa actividade en Andalucía e Estremadura, terán consideración tanto de persoas traballadoras fixas descontinuas como de eventuais cando se encontren nalgunha das seguintes circunstancias:

  1. Situación de desemprego por interromperse a actividade de tempada da empresa.
  2. Cando a actividade se suspenda por causas económicas, tecnolóxicas ou de forza maior.
  3. Cando, tras as situacións anteriores, cesen de forma involuntaria nun traballo eventual agrario.

Nos seguintes vínculos poderá obter información específica sobre cada un dos dereitos:

O pagamento destas prestacións por desemprego realizarase, agás excepcións, mediante o aboamento na conta da entidade financeira que vostede indique, sempre que sexa titular da mesma.

En liña Dende a sede electrónica

Presencial Pide a túa cita na túa oficina máis próxima

FAQ Accede ás preguntas máis solicitadas

Documentación