Os perfís da oferta de emprego

2018

pagina/nombre_imagen

O Observatorio das Ocupacións do Servizo Público de Emprego Estatal ten consolidadas diversas liñas de estudos sobre o mercado laboral que achegan información e análise sobre distintos aspectos do seu comportamento (situación, tendencias, características, dinámicas de entrada, permanencia e saída do mercado laboral, desemprego, contratación, afiliación...) que se axustan aos distintos tipos de usuarios (cidadáns, empresas, orientadores, universidades, organismos...).

Para contar con información directa e cualitativa sobre que está a demandar e que ofrece o empregador e, ademais, que competencias debe reunir un candidato que busca traballo para poder concorrer a esa oferta de traballo, o Observatorio das Ocupacións elabora cada ano este informe de ámbito estatal que afonda no coñecemento dos perfís profesionais e das competencias que requiren as empresas para cubrir os seus postos de traballo, detectando as necesidades de formación e axudando así a mellorar a empregabilidade dos traballadores.

O informe elabórase principalmente mediante o seguimento e análise dunha mostra significativa de ofertas de traballo que se publican a través dos distintos portais de Internet, independentemente de que a oferta de traballo proceda da propia empresa que oferta ou dos distintos intermediadores (servizos públicos de emprego, empresas de traballo temporal, axencias de colocación, sitios web especializados en emprego, etc.), xa que actualmente é un dos medios máis utilizados para buscar e ofrecer emprego.