Comisión para a reforma das Administracións públicas

O Resumo Executivo do Informe da Comisión para a Reforma da Administración (CORA), ao referirse aos principios que a inspiran, e dentro da Mellora da eficiencia das Administracións públicas mediante a implantación do sistema de medición da eficiencia, anuncia que “se poderá publicar nas páxinas webs dos organismos o tempo de tramitación dos procedementos con maior incidencia nos cidadáns, así como as variacións neste”.

A medida de CORA 0.00.001.0: Implantación do sistema de medición da produtividade/eficiencia, ten un primeiro aspecto de execución inmediata, a publicación dos tempos de tramitación de 10 dos procedementos da Administración Xeral do Estado máis empregados polos cidadáns e empresas.

En execución desta medida, o Servizo Público de Emprego Estatal publica os tempos medios de tramitación do procedemento de prestacións por desemprego do Servizo Público de Emprego Estatal:

Este procedemento inclúe a prestación por desemprego de nivel contributivo, o subsidio de desemprego, a renda activa de inserción, o subsidio por desemprego dos traballadores eventuais agrarios en Andalucía e Estremadura e a renda agraria para os traballadores de Andalucía e Estremadura.

No apartado de prestacións ofrecémosche información máis detallada relativa á prestación por desemprego.

Dende aquí podes consultar a evolución anual dos tempos de tramitación de procedementos de prestacións por desemprego do Servizo Público de Emprego Estatal.

Acceso aos tempos medios de tramitación do procedemento de prestacións por desemprego do Servizo Público de Emprego Estatal dende o ano 2015 en diante.