Funcións

A actividade que desenvolvemos céntrase na ordenación, desenvolvemento e seguimento dos programas e medidas da Política de Emprego.

No seo do Sistema Nacional de Emprego, reforzamos a coordinación entre todos os axentes que interveñen no mercado de traballo.

As nosas principais funcións son:

  • Planificar e impulsar propostas de políticas de emprego centradas nas necesidades das persoas e das empresas (orientación profesional mediante itinerarios individuais e personalizados, formación para o emprego, programas de fomento do emprego, etc.)
  • Xestionar e controlar as prestacións por desemprego, facendo efectivo o dereito das persoas desempregadas a protección.
  • Realizar investigacións, estudos e análise, de ámbito estatal, sobre a situación do mercado de traballo e as medidas para melloralo.