Sede electrónica

Se a sociedade est? cualificada antes de pedir o pago ?nico e os estatutos reflicten unha data de inicio de actividade distinta �� data real de alta das persoas traballadoras, ?hai alg?n problema?

Se quere beneficiarse do pago único da prestación contributiva por desemprego, debe ser titular da citada prestación no momento en que presente a solicitude do pago único e non iniciar a actividade antes de presentar dita solicitude.

O abono da prestación realizaráselle dunha soa vez polo importe que corresponda á achega obrigatoria establecida, con carácter xeral, en cada cooperativa, ou polo importe para a adquisición de accións ou participacións do capital social nunha sociedade laboral, (en ambos os casos, requisito necesario para acceder á condición de socio ou socia). Non podería obter o pago único se realiza devandito desembolso antes da solicitude do pago.

Se no momento da solicitude, forma parte dunha cooperativa ou sociedade laboral previamente constituída, e en consecuencia, xa efectuou o desembolso necesario para adquirir a condición de socio ou socia, pero aínda non se iniciou a actividade nin as persoas traballadoras figuran de alta na Seguridade Social, só poderá obter o pago único para a subvención de cotas.

Máis información en: