Sede electrónica

Por un ERTE traballar? de luns a xoves e cobrar? o paro os venres e s?bados; ?corresp��ndeme cobrar eses dous d?as de paro se na empresa nunca traballei os s?bado?

Cando o período de suspensión afecta exclusivamente a determinados días laborables do mes, a efectos do pago e consumo das prestacións por desemprego, este días laborables multiplicaranse polo coeficiente 1 , 25 co fin de computar a parte proporcional do descanso semanal, salvo que a suspensión afecte a cinco ou seis días laborables consecutivos, nese caso aboaranse e consumirán sete días de prestación por desemprego.

Neste caso, posto que vai estar desempregado todos os venres do mes, percibirá en concepto de prestacións, e consumiránselle, 5 días ( 4 venres x 1 , 25 = 5 días de pago e consumo de prestación).

Máis información sobre prestacións por desemprego durante un ERE Ou ERTE en: “Afectoume un ERE ou un ERTE”.