Sede electrónica

Cobrarei paro ou subsidio se teño accións ou participacións nunha sociedade mercantil para a que non realizo actividade algunha?

A percepción dunha prestación contributiva é compatible coa titularidade de accións ou participacións dunha sociedade mercantil.

Se está a percibir o subsidio por desemprego, será compatible se vostede segue sen superar o límite individual de rendas, é dicir, que os seus ingresos non sexan superiores ao 75 % do salario mínimo interprofesional (SMI), excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias (contías para este ano), nas que se incluirían os rendementos derivados da titularidade desas accións ou participacións. Ademais, deberá seguir xustificando as responsabilidades familiaresque se tiveron en conta, no seu caso, para acceder ao subsidio.