OS PERÍODOS DE PRESTACIÓN OU SUBSIDIO POR DESEMPREGO SERVEN PARA A MIÑA XUBILACIÓN?

Si, porque durante todos os períodos nos que percibiu prestación contributiva cotizou por xubilación, xa que o Servizo Público de Emprego Estatal encárgase de ingresar as cotizacións por esta continxencia.

No caso dos subsidios por desemprego, unicamente cotizan por xubilación:

• Os subsidios para maiores de anos.. 52
• Os subsidios de persoas traballadoras fixas descontinuas maiores de anos 52 cuxo feito causante tivese lugar antes do dous de marzo de .. 2022
A base de cotización por xubilación nos dous casos anteriores, é o 125 por cento do tope mínimo de cotización á Seguridade Social vixente en cada momento.
• Os subsidios de persoas traballadoras fixas descontinuas menores de anos 52 cuxo feito causante tivese lugar antes do dous de marzo de , 2022 que acrediten 180 días ou máis de cotización. Neste caso cotizarase por xubilación os primeiros 60 días e a base de cotización será o tope mínimo de cotización á Seguridade Social vixente en cada momento.