Sede electrónica

Que estrutura debe ter un ficheiro XML de comunicación de períodos de actividade, certificado de cesamento de relación laboral ou altas de prestacións afectadas por ERE ou ERTE?

Existen catro tipos de estrutura de ficheiros XML para comunicacións ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE):

a) Ficheiro XML de comunicación de períodos de actividade.

b) Ficheiro XML de comunicación de certificados de cesamento.

c) Ficheiro XML de comunicación de altas de prestacións por expediente de regulación de emprego.

d) Ficheiro XML de comunicación previa de datos sobre despedimentos colectivos, suspensión de contratos e redución de xornada (procedementos de ERE ou ERTE *).

A aplicación Certific@ 2 ofrece a posibilidade de crear os este ficheiros XML con axuda dun asistente segundo o tipo de ficheiro que se pretenda enviar (datos de períodos de actividade, datos de certificado de empresa ou datos de altas de prestacións por ERE ou ERTE).

Nota importante: para poder executar calquera do tres asistentes, é necesario ter instalada no equipamento informático a última versión de JAVA. As instrucións para saber como instalala están accesibles desde o botón inferior esquerdo desta páxina (xusto debaixo do asistente de certificados de empresa).

No menú principal da aplicación Certific@ 2 , dentro da opción Axuda XML, o usuario disporá da descrición de cada un dos ficheiros, estando detallada en cada un dos manuais:

    • Manual de Usuario de Periodos de Actividad. (PDF - 1 , 57 Mb)
    • Manual de Usuario de Certificado de Empresa de Cese. (PDF - 1 , 63 Mb)
    • Manual de Usuario de Altas de prestacións por Es. (PDF - 1 , 45 Mb)
    • Manual de Usuario de Procedimiento de ERE. (PDF - 2 , 60 Mb) (*)
    • Última versión – Esquemas XSD

(*) Procedementos de ERE ou ERTE refírese a a comunicación previa de datos sobre despedimentos colectivos, suspensión de contratos e redución de xornada.

Ademais na mesma dirección ten dispoñible unha contorna para o envío de ficheiros XML en probas e a posibilidade de aclarar dúbidas ou realizar consultas a través da caixa de correos da aplicación Certific@ 2 .

Se o ficheiro non se axusta á estrutura que marca o SEPE a aplicación envía a seguinte mensaxe de erro: O ficheiro enviado non segue o esquema XML publicado na nosa WEB, indicando liña, columna e etiqueta na cal se detectou o erro.