Sede electrónica

Como podo solicitar a través de internet a prestación contributiva por desemprego?

Para solicitar unha prestación contributiva a través de Internet necesita ter certificado dixital, DNI electrónico ou usuario e contrasinal cl@ve, e estar rexistrado ou rexistrada como demandante de emprego no servizo de emprego autonómico ou se reside en Ceuta ou Melilla, no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

Deberá acceder á Sede Electrónica do SEPE, na dirección https://sede.sepe.gob.es, dentro dos apartado "Procedementos e servizos electrónicos", clicando en "Persoas", e dentro deste apartado seleccionando a ligazón "Solicite a súa prestación".

Móstrase unha "Guía de uso" da aplicación e un "Manual de usuario" para cada un dos tipos de prestación.