EMPREGO NA UNION EUROPEA

As rexións fronteirizas internas da UE abarcan o 40 % do territorio da UE e nelas viven case dous millóns de traballadores transfronteirizos.
Os traballadores transfronteirizos enfróntanse a unha serie de obstáculos na súa vida cotiá, como son as diferenzas nas prácticas nacionais, en sistemas de seguridade social, normas de fiscalidade e nos sistemas xurídicos. Así mesmo, o transporte público nas rexións transfronteirizas está menos desenvolvido que no interior de cada país, o que complica aínda máis a mobilidade laboral transfronteiriza.
EURES axuda aos traballadores transfronteirizos a superar estes obstáculos prestando apoio financeiro ás asociacións transfronteirizas, no marco de oFondo Social Europeo Plus (FSE +)
EURES nas Rexións Fronteirizas
- Asociacións Transfronteirizas
- Programa TRANSFRONTEIRIZO EURES Galicia -Norte de Portugal
- Programa TRANSFRONTEIRIZO EURES Andalucía -Algarve
- Programa TRANSFRONTEIRIZO EURES Extremadura -Alentejo
Publicacións sobre Mobilidade Fronteiriza