Sede electrónica

Cobro o paro, podo manter simultaneamente dous contratos a tempo parcial? Cal sería a contía e duración do paro?

Se compatibiliza traballos a tempo parcial para tres empresas e perde un deles, mantendo os outros dous contratos, poderá percibir a prestación por desemprego polo cesamento no traballo que perde, sempre que a suma das xornadas dos empregos que mantén non alcance a duración da xornada a tempo completo.

Para calcular a contía da prestación por desemprego tense en conta a base reguladora; esta obtense dividindo entre 180 a suma de cotizacións realizadas durante os 180 días anteriores ao día en que se produciu a situación legal de desemprego.

Teranse en conta as cotizacións realizadas tanto no traballo que perde como nos que mantén.

Da contía da prestación resultante restarase a parte proporcional á xornada de traballo que realice nos empregos que mantén.

A duración dependerá dos períodos de ocupación cotizados no seis anos anteriores á situación legal de desemprego ou ao momento en que cesou a obriga de cotizar e que non se tiveron en conta para o acceso a unha prestación anterior.

Máis información en: Compatibilidade co traballo por conta allea a tempo parcial.