
Duraci?n da prestaci?n
Calcúlase tendo en conta o tempo de ocupación cotizado a desemprego durante o seis anos anteriores á situación legal de desemprego ou ao momento en que terminou a obrigación de cotizar, ou no seu caso, desde o nacemento do dereito á prestación de desemprego anterior. Os días de vacacións pagas e non gozadas consideraranse períodos de ocupación cotizada.
No caso das persoas emigrantes retornadas ou as persoas liberadas de prisión, a duración da prestación calcularase tendo en conta as cotizacións realizadas nos 6 anos anteriores á saída de España ou ao ingreso en prisión, respectivamente. Se cotizaron no estranxeiro ou en prisión, o cálculo dos 6 anos cara atrás será desde a data en que terminase a relación laboral.
En www.sepe.es pódese acceder a un programa de autocálculo que lle dará unha orientación acerca da duración e contía da prestación contributiva e que só terá carácter informativo.
Para determinar la duración de la prestación se aplicará la siguiente escala:
Días de cotización | Días de prestación |
---|---|
de a. 360 539 | 120 |
de a. 540 719 | 180 |
de a. 720 899 | 240 |
de a. 900 1079 | 300 |
de a. 1080 1259 | 360 |
de a. 1260 1439 | 420 |
de a. 1440 1619 | 480 |
de a. 1620 1799 | 540 |
de a. 1800 1979 | 600 |
de a. 1980 2159 | 660 |
desde 2160 | 720 |