
Como se se a miña solicitude de prestacións está aprobada ou denegada?
Presentada a solicitude de prestacións, o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) está obrigado a ditar resolución expresa en todos os procedementos e a notificala á persoa interesada. Unha vez sexa resolta a súa solicitude de prestacións, recibirá no seu domicilio ou no que nos facilitou para as notificacións, a resolución do SEPE comunicándolle se a súa solicitude foi aprobada ou denegada, indicándolle os motivos neste último caso.
No entanto, en calquera momento, poderá informarse sobre o estado de tramitación do seu expediente:
- En la página Web del SEPE (si dispone de certificado digital, DNI electrónico o usuario y contraseña cl@ve.
- No noso servizo de atención telefónica á cidadanía.
- Na oficina de prestacións na que presentou a súa solicitude, previa petición de cita (por teléfono ou na Web do SEPE).
Se transcorridos tres meses desde a data de presentación da súa solicitude, non recibiu a resolución, poderá entender que lle foi denegada por silencio administrativo. Neste caso, poderá presentar unha reclamación previa á vía xudicial.