Sede electrónica

Recoñécenme o paro con atraso, podo reclamar intereses de demora ao Servizo Público de Emprego Estatal?

Si la Administración no paga dentro de los tres meses siguientes al día de notificación de la resolución judicial o del reconocimiento de la obligación, tendrá que abonarle sobre la cantidad debida el interés legal del dinero fijado por la Ley de Presupuestos.

Deberá reclamalo por escrito unha vez transcorrido o prazo de tres meses.

Con todo, no caso do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), o atraso pode darse no recoñecemento da prestación, pero o pago, unha vez recoñecida, prodúcese dentro do mes seguinte, por tanto, non se dan os requisitos que a Lei determina para a aplicación de intereses de demora.

As causas do atraso no recoñecemento (o que se coñece como demora) adoitan ser alleas á vontade do SEPE. Normalmente están provocadas porque é necesario emendar ou mellorar a solicitude, pola falta de documentación e o atraso en achegala por parte da persoa solicitante ou a necesidade de informes para resolver a dita solicitude (por exemplo, da Inspección de Traballo ou do Instituto Nacional da Seguridade Social).

Todas estas circunstancias poden atrasar a resolución que aprobe a prestación por desemprego, pero nunca atrasarán o pago cando a resolución fose ditada.