PODO PEDIR UN INCREMENTO DA RETENCIÓN DO IRPF SOBRE A PRESTACIÓN POR DESEMPREGO?

Si, pode solicitar un incremento da retención do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) sobre a prestación por desemprego. Debe solicitalo por escrito cinco días antes de terminar o mes anterior ao cobro da nómina. O novo tipo aplicarase ata final de ano e en tanto non renuncie por escrito ou solicite un novo tipo superior.

Todo iso sen prexuízo doutras regularizacións por cambios nas súas circunstancias persoais e familiares que determinen un tipo superior ao solicitado.