Sede electrónica

Que circunstancias persoais ou familiares debo comunicar ao Servizo Público de Emprego Estatal se cobro o paro ou o subsidio por desemprego?

En xeral, deberás comunicar ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), en canto vaia a producirse, calquera circunstancia que supoña unha modificación da túa situación con respecto ao momento en que foi aprobada a túa solicitude de prestacións:

- A túa colocación (a tempo completo ou parcial).

- Se obtés ingresos que poidan supor pasar o límite individual esixido ás persoas beneficiarias de subsidio por desemprego,é dicir, o 75 % do salario mínimo interprofesional (SMI), excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Contías para este ano.

- O cambio da situación das persoas que compoñen a túa unidade familiar, se pode afectar o requisito de responsabilidades familiares para o acceso e mantemento do subsidio por desemprego: colocación ou perda do traballo, separación matrimonial, nacemento ou falecemento, etc.

- Variación do número de fillos ou fillas ao teu cargo que se tiveron en conta para a contía da prestación por desemprego. Exemplos: que un fillo ou filla cumpra 26 anos ou que obteña rendas propias superiores ao SMI, de forma que deixe de estar ao teu cargo, así mesmo, o nacemento ou o falecemento.

- Variación da túa situación persoal cando esteas a percibir un subsidio por desemprego (matrimonio, viuvez, separación, etc.).

Considerarase parella de feito a constituída con análoga relación de afectividade á conxugal con polo menos dun ano de antelación, non requiríndose este requisito no caso de que existan fillos ou fillas en común

- A incapacidade temporal ou a maternidade ou paternidade.

- A incapacidade permanente ou outra pensión da Seguridade Social que poida ser incompatible coas prestacións.

- O cambio de domicilio, traslado de poboación, saída ao estranxeiro ou saída do ámbito de protección do subsidio agrario se es unha persoa traballadora eventual do Sistema Especial Agrario da Seguridade Social.

Poderás comunicar calquera destes cambios en:

  • www.sepe.esse dispós de certificado dixital, DNI electrónico ou usuario e contrasinal cl@ve.