Montar a túa empresa
O proceso de constitución e posta en marcha dunha empresa é unha tarefa difícil, non pola súa complexidade, senón pola laboriosidade da tramitación para formalizar a dita constitución.
Antes de comezar cos trámites administrativos é necesario analizar a idea de negocio e desenvolver o proxecto. Desta maneira poderase facer un estudo da súa viabilidade e seleccionar a forma xurídica adecuada.