Sede electrónica

Finalicei un contrato laboral nunha cooperativa, podo cobrar o paro e o pago único para incorporarme como persoa socia a esa mesma cooperativa?

Para obter a prestación contributiva por desemprego, ten que reunir todos os requisitos necesarios para poder acceder á mesma, atoparse nalgunha das situacións legais de desemprego establecidas, ter o período mínimo de cotización esixido e non estar afectado ou afectada por algunha das situacións de incompatibilidade.

Se quere incorporarse a esa cooperativa como socio ou socia de traballo, poderá acceder á prestación contributiva por desemprego na súa modalidade de pago único, aínda que mantivese con dita cooperativa un contrato previo e independentemente da súa duración.

Máis información sobre o pago único en: