Sede electrónica

Transmisión previa de datos de despedimentos colectivos, suspension da relacion laboral e reduccion de xornada previsto na Orde ESS/982/2013

¿En que consiste?

Consiste en ofrecer a posibilidade de comunicar ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), por parte das empresas e con carácter previo á súa efectividade, a información relativa ás medidas de despedimento colectivo, suspensión da relación laboral e redución de xornada, aínda que en ningún caso poderá facerse extensiva dita comunicación ao pago das prestacións por desemprego que poidan derivarse da aplicación das medidas citadas.

Esta comunicación pódese efectuar utilizando a aplicación da tecnoloxía XML, mediante o tratamento de ficheiros en formato XML cuxa xestión de envío é manual. Require a intervención dunha persoa usuaria para, unha vez o ficheiro foi creado, proceder a seleccionalo e envialo ao SEPE.

¿Como funciona o servizo?

Para utilizar la aplicación Certific@2, las personas usuarias deben disponer de autorización para la transmisión telemática de datos a los Servicios Públicos de Empleo, obtenida previamente conforme lo definido en la aplicación Contrat@, o de firma electrónica expedida por alguna de las autoridades de certificación.

Para os ficheiros XML enviados a través do acceso á aplicación Certific@2, realízanse dous niveis de control:

  • Control de formato. Realízase en tempo real, no mesmo momento no que se envía o ficheiro. En caso de detectarse erro, especifícase este e o ficheiro non é enviado para o seu procesamiento no SEPE. En caso contrario o ficheiro envíase ao SEPE para o seu procesamiento.
  • Resto de controis. Realízanse cando o ficheiro foi enviado ao SEPE. Como resultado deste segundo nivel de control, procederase a enviar un correo electrónico informando o resultado definitivo do proceso: procesado correctamente ou rexeitado, nese caso achegaranse os erros detectados.

Ademais, en cada envío pódense anexar ata 10 ficheiros XML.

A comunicación sobre as medidas de despedimento colectivo, suspensión da relación laboral e redución de xornada pódese realizar durante as 24 horas do día, todos os días do ano.

¿Cales son os beneficios?

Facilítanse ás empresas os medios electrónicos para a trasmisión de información ao SEPE, que supón a simplificación de trámites, aforro de custos e eliminación de papel.

Ligazóns de interese

  • Para aquelas cuestións relativas a procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos ou redución de xornada poden contactar coa Autoridade Laboral correspondente ou consultar a Guía Laboral.
  • Para cuestións relacionadas coas obrigacións, infraccións ou sancións derivadas do incumprimento da Orde ESS/982/2013 poden contactar coa Inspección de Traballo e Seguridade Social correspondente.