Sede electrónica

Transmisión de comunicacións de períodos de actividade e outras situacións

Este servizo permite o envío a través de Internet, por parte das empresas, da transmisión de comunicacións de períodos de actividade e outras situacións producidas durante a vixencia das campañas das persoas traballadoras fixas descontinuas ou durante os períodos de suspensión laboral ou redución da xornada ordinaria de traballo, autorizados por Expediente de Regulación de Emprego.

¿En que consiste?

Consiste en ofrecer a posibilidade, a calquera empresa que teña acceso a Internet, de comunicar ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), as altas iniciais na prestación de todas aquelas persoas traballadoras afectadas por unha extinción, suspensión ou redución da xornada ordinaria de traballo consecuencia dun Expediente de Regulación de Emprego.

Esta comunicación pódese efectuar utilizando a aplicación da tecnoloxía XML, mediante o tratamento de ficheiros en formato XML cuxa xestión de envío é manual. Require a intervención dunha persoa usuaria para, unha vez o ficheiro foi creado, proceder a seleccionalo e envialo ao SEPE.

Para a xeración deste ficheiro XML, existe un asistente dentro da aplicación Certific@2.

¿Como funciona o servizo?

Para utilizar la aplicación Certific@2, las personas usuarias deben disponer de autorización para la transmisión telemática de datos a los Servicios Públicos de Empleo, obtenida previamente conforme lo definido en la aplicación Contrat@, o de firma electrónica expedida por alguna de las autoridades de certificación.

Para os ficheiros XML enviados a través do acceso á aplicación Certific@2, realízanse dous niveis de control:

  • Control de formato. Realízase en tempo real, no mesmo momento no que se envía o ficheiro. En caso de detectarse erro, especifícase este e o ficheiro non é enviado para o seu procesamiento no SEPE. En caso contrario o ficheiro envíase ao SEPE para o seu procesamiento.
  • Resto de controis. Realízanse cando o ficheiro foi enviado ao SEPE. Como resultado deste segundo nivel de control, procederase a enviar un correo electrónico informando o resultado definitivo do proceso: procesado correctamente ou rexeitado, nese caso achegaranse os erros detectados.

Ademais, en cada envío pódense anexar ata 10 ficheiros XML.

As persoas usuarias da aplicación Certific@2 deben comunicar os datos de actividade laboral do mes ou meses anteriores. A comunicación de períodos de actividade pódese realizar durante as 24 horas do día, todos os días do ano, tendo a autorización previa do traballador.

A transmisión telemática de datos por unha persoa usuaria autorizada respecto dos períodos de actividade laboral do colectivo das persoas traballadoras fixas descontinuas ou das persoas afectadas por un Expediente de Regulación de Emprego de suspensión ou redución de xornada, permitirá a xestión por parte da entidade xestora da solicitude de continuación de prestacións e subsidios por desemprego das devanditas persoas traballadoras.

¿Cales son os beneficios?