EMPRÉGACHE: PORTAL ÚNICO DE EMPREGO

2021

Portada Portal Unico de Emprego Empleate

O Portal Único de Emprego, Emprégache, responde á necesidade de dispor dun portal que dea a máxima visibilidade ás ofertas de emprego, aloxando toda a información de utilidade para orientar e pór ao alcance de cidadáns e empresas todas as ferramentas que faciliten a procura de emprego ou o inicio dunha actividade emprendedora a través dunha estratexia integramente dixital.

O Portal agrega, nun único punto de acceso, toda a oferta de emprego existente nos portais públicos e privados a través dun metabuscador, cos obxectivos de contribuír a dinamizar a colocación e de conferir unha maior transparencia ao mercado de traballo.