Sede electrónica

Podo cobrar un subsidio se non teño cargas familiares?

Si pode cobrar un subsidio aínda que non teña cargas familiares, xa que hai algunhas modalidades de subsidio para as que non se esixen cargas, como no caso dos seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas maiores de anos 45 que esgotasen unha prestación contributiva.
  • Persoas desempregadas maiores de anos 52 que cumpran todos os requisitos, salvo a idade, para acceder á pensión de xubilación.
  • Persoas desempregadas  que cotizasen entre 180 e 359 días.
  • Persoas desempregadas que fosen declaradas plenamente capaces ou inválidas parciais como consecuencia da revisión da súa pensión de invalidez.
  • Persoas liberadas de prisión.
  • Persoas traballadoras emigrantes retornadas.

Ademais de pertencer a algún dos colectivos anteriores, debe cumprir os seguintes requisitos:

  • Non ter rendas individuais superiores, en cálculo mensual, ao 75 % do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias .
  • Estar rexistrado ou rexistrada como demandante de emprego, cumprir o compromiso de actividade incluído na solicitude e non rexeitar oferta de emprego adecuada, nin negarse a participar en accións de formación, promoción ou reconversión profesional.