Bonificacións e Reducións ao Traballo Autónomo con Carácter Xeral
Bonificación pola contratación de persoal investigador baixo a modalidade de contrato predoctoral
Contratación de persoal investigador baixo a modalidade de contrato predoctoral establecida no artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.
Contía: 115 euros/mes.
Duración: Durante a vixencia do contrato.
Normativa: Artigo 27 da Real Decreto-lei 1/2023, do 10 de xaneiro, de medidas urxentes en materia de incentivos á contratación laboral e mellora da protección social das persoas artistas.
Bonificación na cotización empresarial á Seguridade Social do persoal investigador
Contratación indefinida, por empresas dedicadas a actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica, entendendo como tales as actividades descritas respectivamente no artigo 34.1.a) e 35.2.a) da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades, de persoal para a realización con carácter exclusivo e pola totalidade do seu tempo de traballo.
Contía: Bonificación do 40 por 100 sobre a cota empresarial á seguridade social por continxencias comúns.
A contratación de persoas investigadoras novas, entendendo por tales aquelas que sexan menores de 30 anos, e a contratación de mulleres investigadoras dará, respectivamente, dereito a unha bonificación adicional dun 5 por 100, sendo estas acumulables, no seu caso, entre si.
Duración: 3 anos.
Normativa:
Real Decreto 475/2014, do 13 de xuño, sobre bonificacións na cotización á Seguridade Social do persoal investigador
Disposición adicional sétima e disposición final décima da Real Decreto-lei 1/2023, do 10 de xaneiro, de medidas urxentes en materia de incentivos á contratación laboral e mellora da protección social das persoas artistas.
Cofinanciamento do Fondo Social Europeo
As bonificacións das cotas á Seguridade Social descritas poderán estar cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.
Catálogo de publicacións da Administración Xeral do Estado
http://publicacionesoficiales.boe.es
Edición realizada polo Servizo Público de Emprego Estatal
Condesa de Venadito, 9 . 28027 Madrid
NIPO: 120-23-015-2
Actualizado a setembro de 2023