GUÍA DE CONTRATOS



Catálogo de publicacións da Administración Xeral do Estado

http://publicacionesoficiales.boe.es

Edición realizada polo Servizo Público de Emprego Estatal
Condesa de Venadito, 9 . 28027 Madrid

NIPO: 120-22-015-8

Actualizada marzo 2022

A Guía de Contratos enmárcase dentro da política de información e atención ao cidadán do Ministerio de Traballo e Economía Social, e recolle toda a normativa vixente en materia de contratos de traballo e incentivos á contratación.

Oriéntase a satisfacer a demanda de información por parte dos usuarios, así como os distintos axentes que operan no noso mercado de traballo, nun ámbito como as relacións laborais que está suxeito a frecuentes cambios normativos, tanto de contido da propia relación laboral como dos incentivos que se establecen en función da situación dos variados colectivos de traballadores e de empresas.

Adáptase á simplificación administrativa de modelos de contrato, e brinda aos operadores xurídicos e económicos un exacto coñecemento dos modelos de contrato de traballo existentes no mercado laboral español. Ademais, pretende facilitar o cumprimento das obrigas que en materia de contratación esíxese ás empresas.

Estrutúrase de forma que resulte comprensible como manual de coñecemento do catro modelos de contratos (indefinido, temporal, formación en alternancia e formativo para a obtención da práctica  profesional), as súas características e as cláusulas específicas que poidan presentar cada un deles, en función das peculiaridades do traballador e/ou do empresario.